CAST | GAL

RECURSOS

Xogos | Bibliografía


 

Educación ambiental

Organismos públicos

Fundacións e entidades ambientais

  • Acció Natura. Portal ambiental da ONG sen ánimo de lucro que leva o seu mesmo nome. Pertence a Fundació Natura, unha organización catalá que leva desde 1997 realizando estudos e proxectos para a protección do medio ambiente. 
  • Fundación Rapala. Sitio web sobre a preservación e recuperación de ecosistemas acuáticos que realiza, desde 2003, unha serie de proxectos financiados por persoas e entidades, e apadriñados por personaxes do eido xornalístico como Lorenzo Milá ou Matías Prats. Entre as súas actividades, está a de sensibilizar ás persoas para a conservación dos ecosistemas. Inclúe un apartado onde os usuarios poden enviar denuncias de carácter ambiental.
  • Instituto Jane Goodall: Páxina da ONG desta famosa primatóloga que leva desde 1977 dedicándose á investigación da vida salvaxe, a conservación e a educación. A través do programa Roots & Shoots, este instituto pretende involucrar aos máis novos, creando un grupo ou comunidade e levando actuacións ambientais no ámbito local.
  • Ecoserveis. Entidade sen ánimo de lucro fundada en 1992, en Barcelona, que desenvolve unha serie de produtos e servizos no eido das enerxías renovables, a eficiencia enerxética e o medio ambiente.
  • Ecología y desarrollo. Web desta entidade sen ánimo de lucro e independente, formada por unha serie de profesionais e investigadores que levan a cabo unha serie de proxectos sobre ecoloxía sostible en España e América Latina.
  • Liga para la defensa del patrimonio natural. Organización non gobernamental catalá fundada no ano 1976, que se inclúe dentro da Unión Internacional para a conservación da natureza (UICN), o Consello Ibérico para a Defensa da Natureza (CIDN) e a Oficina Europea do Medio Ambiente (BEE). Moitos dos proxectos que esta ONG realiza son elaborados por voluntarios.
  • Fundación Apadrina un Árbol. Portal desta organización sen ánimo de lucro que trata de recuperar a zona arrasada polo incendio ocorrido en xuño de 2005 en Guadalaxara. Nace co espírito de recuperar as 13.000 hectáreas de masa forestal queimadas naquel devastador incendio onde perderon a vida 11 persoas.
  • Forum Rural Mundial. Esta asociación é un punto de encontro e análise sobre o desenvolvemento rural no mundo, para o que dispón dunha rede de persoas e institucións estendida polos cinco continentes. Previo contacto con asociacións de agricultores, universidades e oenegués, o obxectivo deste foro é elaborar unha información fiable que lles permita analizar os problemas da agricultura rural no mundo. 
  • Fundación Biodiversidad. Organización sen ánimo de lucro cuxa actividade se desenvolve no ámbito da conservación, estudo e uso sostible da biodiversidade, así como a cooperación internacional para o desenvolvemento. Contén un interesante área de xogos ambientais. 
  • Fundación Global Nature. Páxina desta entidade privada de ámbito nacional e con carácter benéfico docente. Está dedicada á conservación, protección e ordenación do medio ambiente. 
  • Fundació Catalunya-A Pedrera: A Fundació Catalunya-A Pedrera é unha fundación privada creada no ano 2013 para reunir as distintas fundacións da antiga Caixa de Catalunya. Entre os seus fins fundacionais están o desenvolvemento das actividades relacionadas co impulso social, a protección da paisaxe, o fomento da ciencia e a igualdade de oportunidades, e a divulgación dos bos hábitos alimentarios e de coñecemento do patrimonio agroalimentario.

Residuos

  • Sirga (Sistema de Información de Residuos de Galicia): portal web para acceder a toda a información relacionada coa xestión de residuos en Galicia.
  • Sogama (Sociedade Galega de Medio Ambiente): empresa pública autonómica de xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos no territorio galego.
  • Redcicla. Portal temático sobre reciclaxe. Incorpora información sobre os distintos tipos de residuos, lexislación, formación, etcétera.
  • Ecovidrio: entidade sen ánimo de lucro que xestiona o reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España.
  • Arpal: asociación española sen ánimo de lucro que promove o reciclado dos envases de aluminio.
  • Ecoembes: organización sen ánimo de lucro que coida do medio ambiente a través do  reciclaje e o ecodiseño dos envases en España

Montes. Incendios forestais

Plásticos

  •  Oceans of Plastics: web de divulgación científica, desenvolta polo Campus  do Mar, para concienciar sobre a problemática dos plásticos.
  • ECHA (European Chemicals Agency): Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas creada para levar á práctica a innovadora lexislación da UE en materia de substancias químicas co fin de protexer a saúde humana e o medio ambiente e fomentar a innovación e a competitividade.

Asociacións ecoloxistas en España

  • Greenpeace España. Páxina española desta asociación ecoloxista e pacifista internacional. Ofrece ampla información sobre as campañas en marcha e acceso á televisión de Greenpeace.
  • WWF/Adena. Espazo da sección española dunha das maiores organizacións mundiais dedicada á conservación da natureza. 
  • Ecologistas en acción. Web desta entidade que representa unha confederación de máis de 300 grupos ecoloxistas distribuídos por todo o país. Fomenta o chamado ecoloxismo social.
  • SEO/Birdlife. Portal da Sociedad Española de Ornitología, unha asociación científica e conservacionista fundada en 1954 e dedicada ao estudo e conservación das aves e a natureza. Ofrece a posibilidade de participar nas campañas que organizan. 
  • Amigos de la tierra. Páxina desta asociación que completa a lista das cinco grandes entidades ecoloxistas de España. Incorpora publicacións, información sobre áreas de traballo e datos dos grupos locais que conforman este colectivo.

Asociacións ecoloxistas e ambientalistas en Galicia

  • ADEGA. Espazo da asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación en Galicia. A web canaliza todas as súas campañas, á vez que confire gran protagonismo á actualidade ambiental da Comunidade. 
  • Federación Ecoloxista Galega. Plataforma dixital desta federación que agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas en activo en Galicia. Ampla área de documentos e enlaces a webs ambientais. 
  • Verdegaia. Iniciativas de defensa ambiental nesta web dunha asociación cuxo ideario repousa no ecoloxismo e no pacifismo. 
  • Amigos da terra. Sección galega desta asociación estatal. Incorpora denuncias ambientais e un amplo programa de actividades. 
  • Proxecto Ríos. Web desta iniciativa de voluntariado ambiental para a defensa dos ríos de Galicia. Ofrece toda a información para inscribirse no programa. 
  • Sociedade Galega de Historia Natural
  • Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). ONG galega con 24 anos de experiencia no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia.
  • Asociación Naturalista do Baixo Miño. Entidade non lucrativa creada en 1985 centrada na investigación e estudo do patrimonio natural; a protección e conservación da paisaxe, a biodiversidade e o patrimonio cultural; a educación ambiental e a divulgación.

Voz Natura

Coincidindo coa conmemoración do Ano Internacional dos Bosques, en 2011 a Fundación As Salgueiras e Voz Natura publican unha nova edición do Manual do Plantabosques para promover a reforestación con especies autóctonas.

Coincidindo co décimo aniversario de Voz Natura, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre editou unha publicación na que a que o programa educativo e a realidade ambiental de Galicia danse a man. Na publicación repásanse os temas máis destacados que afectaron –e afectan– aos ecosistemas galegos e a contribución que os centros Voz Natura realizaron en cada campo.