




Participa no II Concurso de Vídeos de Voz Natura!!
Como peche da súa 17ª edición, Voz Natura lanza un concurso de vídeos aberto no que os participantes deben mostrar en que consistiu o seu labor ambiental ao longo do período do curso escolar 2013-2014.




Visitas especiais ao Muncyt para os centros Voz Natura
Os 307 centros que participan este curso en Voz Natura converteranse, por segundo ano consecutivo, en visitantes privilexiados do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (Muncyt). As visitas pódense solicitar desde agora e ata o próximo mes de xuño e incluirán talleres sobre a auga.




O Aquarium Finisterrae ábrese para centros Voz Natura
Durante este mes e o próximo os 307 centros educativos e asociacións de toda Galicia que este curso participan en Voz Natura poderán profundar no conomiento do medio mariño con visitas especiais e gratuítas ao Aquarium Finisterrae.




A Garda Civil impartirá charlas sobre incendios nos centros Voz Natura
Previr os incendios forestais e concienciar aos máis novos sobre o grave dano que estes lumes ocasionan nos ecosistemas é o obxectivo do programa de accións formativas que este curso, por terceiro consecutivo, desenvolverán a Garda Civil e Voz Natura grazas a un acordo de colaboración.



