CAST | GAL

Décimo sétima edición (2013-2014)

O Aquarium Finisterrae ábrese para centros Voz Natura

 
Durante este mes e o próximo os 307 centros educativos e asociacións de toda Galicia que este curso participan en Voz Natura poderán profundar no conomiento do medio mariño con visitas especiais e gratuítas ao Aquarium Finisterrae.

O Concello da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre acaban de renovar por quinto ano consecutivo un acordo de colaboración que converte aos nenos e mozos que participan no programa ambiental en visitantes de excepción á tamén coñecida como Casa dos Peixes.

Este curso, o tema central de Voz Natura é a protección de ríos e praias e as actividades de recuperación e coidado dos ecosistemas fluviais e costeiros polo que as visitas ao Aquarium representan unha proposta especialmente interesante para completar os proxectos de actuación que están a realizar moitos equipos sobre estes temas. Para aproveitar mellor o percorrido polas instalacións, os Museos Científicos Coruñeses facilitarán aos profesores acompañantes material de apoio á súa actividade didáctica.

Solicitudes 
Os centros Voz Natura que desexen realizar a visita poden solicitalo descargando ESTE FORMULARIO DE RESERVA e cubrilo indicando o número de alumnos (un máximo de cincuenta por grupo, pero poden asistir varios grupos do mesmo centro), o seu nivel educativo e a data na que prefiren visitar o Aquarium. Unha vez cuberto, deben enviar o formulario por fax ao 981 189 843 ou por correo electrónico á dirección reservas@casaciencias.org.