ACCIÓNS FORMATIVAS DA GARDA CIVIL CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS
Coidar o medio ambiente é cousa de todos, e é importante que os máis novos saiban desde moi pequenos a importancia que ten respectar a natureza. Por este motivo, persoal da Garda Civil, formado especificamente para impartir charlas informativas, desprazarase ata os centros que participan en Voz Natura, para falar aos alumnos sobre o labor que levan a cabo desde o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e da necesidade de respectar e coidar a contorna que os rodea.