CAST | GAL

Vixésima primeira edición (2017-2018)

ACCIÓNS FORMATIVAS DA GARDA CIVIL CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

 
Coidar o medio ambiente é cousa de todos, e é importante que os máis novos saiban desde moi pequenos a importancia que ten respectar a natureza. Por este motivo, persoal da Garda Civil, formado especificamente para impartir charlas informativas, desprazarase ata os centros que participan en Voz Natura, para falar aos alumnos sobre o labor que levan a cabo desde o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e da necesidade de respectar e coidar a contorna que os rodea. 

As charlas, adaptadas ás distintas idades e niveis educativos (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, especial ou formación profesional), abordarán as consecuencias dos incendios forestais, das verteduras e outros atentados ecolóxicos, á vez que nelas ofreceranse consellos prácticos para tratar de previlos e resolveranse as dúbidas e curiosidades que poidan xurdir sobre o traballo de protección ambiental.

Os participantes que desexen solicitar unha charla, poden facelo descargando ESTE FORMULARIO, que deberán cumprimentar e enviar á dirección de correo electrónico que figura no mesmo, segundo a provincia á que pertenzan.

Unha vez recibidas as solicitudes, a Garda Civil poñerase en contacto cos colexios ou institutos  para confirmar as visitas, que terán unha duración aproximada dunha hora e que se realizarán ao longo de todo o curso escolar.