Os blogs de Voz Natura, en marcha
Os blogs de Voz Natura, en marcha Logo dunha primeira edición a proba, os cadernos dixitais dos centros comezan este curso coa intención de consolidarse como un punto de encontro entre a comunidade Voz Natura e servir de vehículo para trasladar o seu proxecto e as súas inquietudes ambientais ao resto da blogosfera.
Wordpress, ferramenta informática que Voz Natura pon a disposición de profesores e alumnos, está especialmente adaptada para garantir un manexo sinxelo e práctico. Este curso, realizaranse diversas melloras co obxectivo de facilitar o traballo cos blogs e a integración de contidos multimedia
Por outra banda, ao longo do ano ofertaranse cursos formativos, completamente gratuítos, para os docentes involucrados no programa (informarase a través desta web). Persoal especializado explicará as claves para o manexo dos cadernos e para aproveitar todo o seu potencial didáctico e informativo, ao tempo, que trasladará aos profesores algunhas pautas para favorecer a participación dos alumnos nos blogs.
BlogNatura, o blog mestre de Voz Natura, arrinca o curso con novos contidos, convertido xa nunha referencia no ámbito das bitácoras ambientais.
Entra na ZONA BLOG