CAST | GAL

Décimo segunda edición (2008-2009)

Agricultura ecolóxica na Coruña

 
O colexio Hijas de Jesús foi o primeiro en participar na campaña que desenvolven Voz Natura e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) para informar aos máis pequenos sobre as vantaxes da produción e consumo de alimentos con selo ecolóxico.

Máis de 900 alumnos —organizados por grupos segundo o seu nivel— asistiron a charlas informativas impartidas polos especialistas de Craega e proxeccións audiovisuais no salón de actos do centro, o pasado xoves 12. Logo da teoría, tocaba a práctica. Foi entón cando xa cada un na súa aula puido probar o sabor do leite, as gallegas e a marmelada máis respectuosa co medio ambiente. A xulgar polos comentarios dos pequenos, estes produtos non defraudaron e, sobre todo, o leite foi a triunfadora polo seu sabor.

Ao longo da xornada, os escolares puideron coñecer tamén á mascota da campaña "Comer San = Eco-lóxico", a Cenoira Ecolóxica, e os seus compañeiros. Ademais, recibiron diverso material didáctico sobre a agricultura ecolóxica.