Voz Natura en Eduambiengal 09
Voz Natura está a participar nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental, que se celebran en Santiago de Compostela os días 25, 26 e 27 de xuño, para dar a coñecer o labor desenvolvida polos centros participantes a través dos case 1.900 proxectos executados desde o nacemento do programa, no 1997.
O obxectivo desta edición de Eduambiengal pasa por resituar os problemas ambientais do século XXI, debater os avances realizados en Galicia e no Estado na implantación de estratexias de educación ambiental e ofrecer un foro para o intercambio de experiencias neste eido.
As Xornadas inclúen relatorios, mesas redondas e sesións de intercambio de experiencias educativas e de xestión mediante cartaces e relatorios. Tamén unha Mostra da Educación Ambiental, onde estará presente Voz Natura, que permite a exposición e difusión de materiais, recursos ou equipamentos por parte de diversas asociacións e entidades.
Consulta o programa das xornadas e os perfís dos relatores