A ministra de Medio Ambiente e o presidente da Xunta asistirán á entrega de premios
Os centros gañadores recibirán os seus premios ás 18.30 horas, nun acto ao que asistirá a ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Elena Espinosa; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández; o titular de Medio Rural, Samuel Juárez, e a conselleira de Educación, Pilar Farjas, entre outras autoridades.
Ata 244 colexios, institutos e asociacións traballaron este curso ao amparo de Voz Natura. Os seus proxectos serviron para recuperar espazos degradados, plantar e reforestar montes e parques, limpar ríos e praias, cultivar hortalizas nos invernadoiros dos seus centros, crear xardíns onde antes había cemento ou protexer diversas especies animais. O seu labor poderase ver na exposición que durante todo o día estará aberta no parque.
Entre todos os traballos realizarvos o Comité Científico seleccionou o do colexio Sagrado Corazón - Madres Mercedarias como merecedor do premio Galicia. Acompáñanlle os premiados en cada provincia: colexio Santa Apolonia (Santiago), CEIP de Cervo, CEIP Curros Enríquez (Celanova) e CEIP Rebordáns (Tui). O mellor proxecto infantil foi o do centro Concepción Crespo Rivas (Pontevedra).