A Fundación Gómez Franqueira únese a Voz Natura
O noso programa de educación e protección ambiental segue sumando apoios. Co arranque deste novo curso, únese a Voz Natura a Fundación Gómez Franqueira, evidenciando así o seu compromiso co coidado do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
A Fundación, entre os seus valores, destaca o respecto ao medioambiente, a través do compromiso na utilización de materiais ecolóxicos, naturais e biodegradables en todas as actividades que realiza e a difusión nos medios de comunicación sobre as boas prácticas.
Esta liña a seguir, enlaza coa política ambiental seguida polas cooperativas ourensás Coren, fundadoras desta entidade sen ánimo de lucro. As cooperativas, dispoñen da acreditación do selo Freedom Food, outorgado pola Royal Society for the Prevention of Cruelity to Animals, que garante o cumprimento dos protocolos de benestar animal, así como dun centro tecnolóxico ambiental para o tratamento de residuos gandeiros. A través accións formativas, concursos, xornadas e actuacións diversas de impacto social, a Fundación contribúe na sensibilización polo coidado do medio e a utilización de medidas adecuadas para a mellora do mesmo.