Unha benvida moi didáctica para a 13ª edición de Voz Natura
Os 261 centros Voz Natura deste curso -na imaxe, o IES A Xunqueira, de Pontevedra-, están recibindo estes días un agasallo de benvida con diverso material para apoiar o seu traballo ecolóxico. A protección da biodiversidade é a gran protagonista deste pack de benvida.
O envío que Voz Natura está realizando aos centros inclúe un calendario ambiental para colgar no aula e aproveitar así as conmemoracións ecolóxicas para traballar en clase, unha publicación dedicada ao tema central deste curso titulada Que é a biodiversidade, editada e cedida pola Fundación Biodiversidade, e unha ampla Guía de visita á rede de parques nacionais de España, do Ministerio de Medio Ambiente, entre outros materiais.