Festa de outono na escola infantil de Verducido
Os alumnos deste centro pontevedrés celebraron estes días un animado festival no que non faltou o magosto, cunha degustación de castañas asadas, nin tampouco a exaltación de produtos de tempada, como cabazas ou mazás.
Os pequenos acudiron disfrazados con máscaras e realizaron unha exposición de cabazas decoradas con motivo do Halloween e do Samaín.
A escola participa este ano en Voz Natura cun proxecto que inclúe a elaboración dun horto escolar instalado nun invernadoiro no centro que os pequenos cultivan de forma ecolóxica.