«Nature Voice Project» viaxará de Ferrol a Noruega
Our stuary, rich rich ou o que é o mesmo, A nosa ría, rica rica é o título do traballo do colexio Sagrado Corazón - Madres Mercedarias, de Ferrol. Co coordinador Francisco Requejo á fronte, esta comunidade educativa converteu o seu Proxecto Voz Natura no Nature Voice Project para exportalo.
«Queremos darlle unha proxección internacional ao noso traballo e Ferrol está moi unida a Noruega ao ser elixido os nosos estaleiros de Navantia para a construción das fragatas da Real Armada Noruega», explica Requejo. Coa intención de buscar un irmandamento cun centro costeiro co que poder compartir experiencias, dirixíronse á embaixada de Noruega en Madrid onde a agregada de Cultura mostrouse encantanda coa idea e xa iniciou os trámites co consello de Educación de Bergen, a segunda cidade do país, ao bordo dun fiordo.
Mentres esperan noticias de Noruega , o centro fixouse no cume do clima de Copenhague onde fixeron chegar ata 54 cartas de alumnos coas súas opinións e peticións antes do errado cume. O seu proxecto foi incluído nunha web creada polo ministerio de Educación danés para dar a coñecer actuacións educativas sobre o cambio climático.