CAST | GAL

Décimo tercera edición (2009-2010)

O Comité Científico inicia a última rolda de visitas do curso Voz Natura 2009-2010

 
Os centros Voz Natura levan meses traballando nos seus proxectos ambientais e agora chega o momento de que o Comité Científico volva visitalos para comprobar como foron evolucionando os seus traballos e dar os últimos consellos antes de comezar a puntualos para os premios que se entregarán en xuño na festa Voz Natura.
Nos próximos dous meses ao Comité Científico espéralle unha longa viaxe con paradas nos máis de 200 centros que colaboran co programa ambiental da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre por toda Galicia. 
Nesta última visita o Comité, composto por destacados profesionais do mundo da ciencia, a educación e a comunicación, comprobará a rigorosidade de cada proxecto e se responde ao compromiso de responsabilidade ambiental que Voz Natura adquiriu co patrimonio natural de Galicia. 
Con toda a información que se recolla nestas visitas e unha vez analizadas as memorias do proxecto que debe entregar cada centro, os integrantes do Comité terán que tomar unha difícil decisión a mediados de maio: establecer quen serán os gañadores desta edición.

Documentar o proxecto 
A calidade dos traballos ambientais presentados polos centros Voz Natura foi aumentando de xeito progresivo nos últimos anos. Isto levou a que cada vez resulte máis difícil elixir ao gañador da edición Voz Natura. Por iso o Comité Científico destaca a importancia de presentar unha boa memoria final que mostre, de xeito rigoroso, o traballo que sobre o terreo foise realizando ao longo do curso.

Documentar ben o proxecto resulta tamén de especial importancia para que na exposición, que cada ano preséntase na festa Voz Natura, os visitantes poidan ver con claridade o traballo e o esforzo que se esconden detrás de todas e cada unha das accións ambientais dos centros.