CAST | GAL

Décimo cuarta edición (2010-2011)

Un Samaín de medo con Voz Natura

 
Samaín regresa ás aulas dos centros Voz Natura na súa versión máis ecolóxica. E é que os centros que participan no programa educativo da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre preparan ao longo desta semana todo tipo de talleres e actividades para poder celebrar o vindeiro venres esta festa pagá de orixe celta, que cos anos derivaría en Halloween.

”Sapos, demos e bruxas” xa empezan a tomar formar nalgúns destes centros. Fano invocados ,iso si, polo espírito da reciclaxe dos alumnos que estes días convertéronse nuns auténticos artistas da decoración de inframundo. Para manter a estas estrañas presenzas entretidas nada mellor que ofrecerlles uns doces típicos desta festa, como as chulas de cabaza que os alumnos, axudados polos seus profesores, aprenderán a preparar nos talleres de cociña tradicional dalgúns colexios.

Como aos centros Voz Natura sempre lles gustou que as visitas sentan como en casa, tanto pais como profesores dan as últimas puntadas aos disfraces caseiros (tamén realizados con material reciclaxe) de zombies, murciélagos ou pantasmas que lograrán facer sentir aos espiritus do Samaín como un máis da familia.

Ademais, nos obradoiros de cabazas os que queiran poderán caracterizar a súa hortaliza para darlle un aspecto tenebroso, algo que sen dúbida será moi do gusto destas ánimas. Só cabe esperar que logo de tanto consinto non se esquezan de marcharse...


COMO ELABORAR DISFRACES, NON APTOS PARA MIEDOSOS, CON MATERIAL RECICLADO

Murciélago 
Para o corpo bastará cun pantalón e unha sudadera negra con capucha. Un paraugas, tamén negro e que xa non se utilice, servirá para facer as ás: cortar o paraugas pola metade deixando catro varillas en cada lado. Coser a parte exterior da primeira varilla á boneca do xersei e a interior da segunda á axila do suéter. Con cartolina negra facer as orellas e coselas á capucha.

Rabuña 
Encher catro pares de medias negras con bólas de xornais vellos para facer as patas. Coser un par a cada lado dun suéter negro. Para simular o movemento das patas atar cun cordel ou cun anaco de sedela duns 15 cm unha das pernas da media á boneca e a outra á perna do pantalón ou leotardo negro que se vaia a vestir. Pintarse a cara de negro e os ollos de vermello.

Pantasma 
Este disfrace pódese facer con sabas, cortinas vellas, un vestido branco ou calquera anaco grande de tea vella. Dobrar a tea á metade e cortar segundo a altura. Recortar dous buracos para os ollos. As mans pódense manter debaixo da saba , se se prefire, cortar dous buracos a cada lado da tea para sacalas. Colorear o bordo do buraco dos ollos con pintura negra e pintar unha boca.

Zombie 
Seleccionar por casa roupa vella. Manchala con terra, para dar a sensación de que se acaba de saír da tumba, e rasgarla por algunhas zonas. Para conseguir unha aspecto máis fantasmagórico utilizar pos de talco no pelo e aplicar unha base de pintura azul na cara. Un pouco de sangue de mentira na comisura dos beizos e salpicando a roupa darán o último toque aterrador.