CAST | GAL

Décimo quinta edición (2011-2012)

Voz Natura en V Televisión

 
O programa «Van de Verde», que se emite todos os sábados en V Televisión, fixouse en Voz Natura na súa edición do pasado fin de semana titulada «A toda costa». O espazo, presentado por Pablo Carballo, dedicou unha reportaxe á actividade desenvolvida o curso pasado en colaboración con Cabreiroa grazas á cal os escolares participantes gozaban dunha xornada de suf e limpeza de praias.