CAST | GAL

Décimo sétima edición (2013-2014)

O comité científico comeza as visitas aos centros

 
Os colexios de O Barco de Valdeorras, A Rúa, A Pobra de Trives e Ourense serán os primeiros en recibir a visita do comité científico de Voz Natura este curso. O luns 16, con todos os niveis educativos xa incorporados, o comité iniciará o seu percorrido por Galicia nestas localidades.

Nesta primeira toma de contacto os especialistas de Voz Natura poñeranse a disposición dos coordinadores dos proxectos para aclarar dúbidas e ofrecer asesoramento sobre o desenvolvemento dos traballos previstos. Os profesores tamén poderán realizar estas consultas durante todo o curso por teléfono ou correo electrónico (voznatura@lavoz.es).

Na primavera o comité poñerase nuevamente en ruta para visitar de novo os centros e comprobar o estado das súas actuacións ambientais.