CAST | GAL

Décimo sétima edición (2013-2014)

Voz Natura redescobre a riqueza micolóxica galega

 
Os centros escolares que participan nesta edición de Voz Natura realizaron actividades medioambientais relacionadas coa estación. O outono, ademais de encher de colorido os nosos bosques, é tamén época de cogomelos.

O colexio Divino Maestro, de Santiago, celebrou recentemente unha ruta micológica na que tamén participaron os pais. O centro, do que uno dos seus profesores é coñecedor do mundo das setas, mobilizou a un grupo de 70 persoas e puxo rumbo a Loureda, en Lavacolla, e ao veciño concello de Boqueixón, para localizar e identificar setas. Todos os exemplares recolleitos formarán parte dunha exposición no propio colexio. José Antonio Díaz Núñez, experto micólogo do grupo Luís Freire e membro do comité asesor de Voz Natura, rematou a actividade cunha charla sobre as setas galegas.

Tamén o colexio Cervantes, de Lugo, aproveitou o outono para dedicarlle aos deliciosos cogomelos unha festa. A Xornada Micolóxica 2013 celebrou o seu encontro anual en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus, na que pais, alumnos e mestres puideron familiarizarse con estes hongos.

Na provincia de Ourense, o instituto Pablo VI, da Rúa, desenvolveu unha orixinal actividade. A tarefa consistía en que o fin de semana cada un os seus alumnos recolectaría setas e logo, coa axuda do profesorado, proceder á súa clasificación, con especial atención ás comestibles e ás venenosas. Todos os hongos foron debidamente expostos nunha vitrina.

«Cogomelandia» 
O proxecto Voz Natura volveu a redescubrir a riqueza micolóxica galega no colexio Santa Apolonia, de Compostela. Un experto en setas axudou, malia a choiva, á procura de exemplares na sesión micolóxica bautizada como Nas beiras do Sar. Nela, os alumnos puideron descubrir especies como os falsos níscalos, os apreciados boletus e as distintas e perigosas amanitas.

Para rematar, o CEIP de Vilarmide, en Muxía, regresou co seu fantástico Cogomelandia, actividade que o centro organiza todos os anos e que contou cunha gran exposición. Os alumnos de Muxía convertéronse xa en auténticos expertos en setas.