CAST | GAL

Décimo sétima edición (2013-2014)

O Comité Científico comeza a segunda fase das visitas

 
A cadea de temporais que sofre Galicia non son un impedimento para o Comité Científico comeza hoxe unha nova rolda de visitas aos centros para avaliar os traballos que están desenvolvendo os equipos participantes e comprobar o seu grao de execución.

Como é habitual, o Comité tamén aproveitará estes encontros para ofrecer o seu asesoramento aos profesores e alumnos co fin de que todas as actuacións ambientais se realicen co máximo rigor científico e respecto ao medio. Ademais, aproveitarán para tomar nota de cara á concesión dos premios deste curso.

Ourense será a primeira provincia en recibir ao comité que percorrerá toda Galicia durante os próximos tres meses.