CAST
|
GAL

Decimoprimera edición (2007-2008)

Dúas imaxes de espazos protexidos gañan o concurso de Voz Natura e Leite Celta

 
Unha foto de lagoa de Valdoviño (humidal protexido Ramsar) e outra do río Mandeo ao seu paso por Chelo, en Coirós - A Coruña (Lugar de Importancia Comunitaria - Rede Natura 2000) gañaron o concurso de Voz Natura e Leite Celta.
María González Mosquera foi a autora da imaxe de Valdoviño, gañadora do primeiro premio na categoría infantil-primaria. Esta ferrolá, de tan só 7 anos, captou «os reflexos do lago á noitiña», nunha imaxe da que o xurado destaca a súa «estética e plasticidade». O segundo premio foi para Sara Sigüeiro Paulos (10 anos), alumna do Ceip A Ramallosa, de Teo e, o terceiro, para Laura González Martínez (11 anos), do colexio Rebordáns, de Tui.

A composición e a luz dunha imaxe do río Mandeo, en Coirós, con alisos, avellanos, salgueiros e outras especies de ribeira son as claves do primeiro premio da categoría secundaria / bacharel conseguido por Andrés Seijo Calviño, de 17 anos (colexio A nosa Señora do Carmen ). O segundo premio foi para Laura Rodríguez Fernández (15 anos), do CPI Tino Grandío (Guntín-Lugo) Para rematar, o terceiro posto foi para María González Iglesias (15 anos) do IES San Mamede, de Maceda (Ourense).


Os seis galardoados recibirán os seus premios no transcurso da festa fin de curso de Voz Natura, que se celebrará o próximo 7 de xuño no parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña).

Premios 
Os primeiros clasificados de cada categoría obterán unha cámara fotográfica dixital de 12 megapíxeles; os segundos, unha bicicleta de montaña de aluminio lixeiro de 24 velocidades, e os terceiros, unha tieda de campaña, saco de durmir e lanterna.

O xurado estivo composto por :

- María José Arrojo , subdirectora da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en representación do director José Francisco Sánchez
- Rafael Sanguino, director de Marketing e Vendas da Corporación Voz de Galicia
- Juan Quintana, trade marketing manager de Lactogal (Leite Celta)
- Vítor Mejuto, xefe de fotografía de La Voz
- Manuel Marras, xefe de Tratamento de Imaxe de La Voz
- Nazareth Díaz Castro, coordinadora de Voz Natura
- José Antonio Díaz Núñez, portavoz do Comité Científico
- José Luis Reza, responsable de Marketing Operativo da Corporación Voz de Galicia.