Aberto o prazo de inscrición para o IV Congreso de Educación Ambiental para centros da Coruña
O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), co patrocinio da Deputación da Coruña, organiza o IV Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña baixo o título “Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural” que terá lugar o 27 de maio de 2010.
Este evento está dirixido a centros de secundaria, bacharelato e ciclos formativos da provincia da Coruña que para participar deben de presentar un proxecto no que se aborden aspectos relacionados coa conservación e coa posta en valor do Patrimonio Natural de Galicia. Estes traballos recibirán unha axuda económica de ata 500 cenros para sufragar os gastos que xere ao centro de ensino a realización do proxecto (desprazamentos, material funxible, reprografía,...) O prazo de inscrición finaliza o 31 de outubro.
Instituto Jane Goodall
Ademais, os centros inscritos no IV Congreso Escolar de Educación Ambiental pasarán a constituírse como un grupo Roots&Shoots do Instituto Jane Goodall que lles ofrece a posibilidade de compartir ideas e traballar en rede con outros grupos de máis de cen países.
Un ano máis, o CEIDA espera que este evento sexa un espazo de participación e debate e reforzar o papel dos centros educativos como difusores da cultura ambiental. Os centros de ensino interesados poden obter máis información en www.ceida.org ou no teléfono 981.630.618.