CAST
|
GAL

Decimocuarta edición (2010-2011)

Visitas gratuítas e actividades didácticas no Aquarium Finisterrae da Coruña

 
O Concello desta cidade e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que xestiona o programa de educación ambiental, renovan por segundo ano consecutivo, un convenio de colaboración grazas ao cal, os centros educativos inscritos en Voz Natura, poden visitar gratuitamente as instalacións da tamén chamada Casa dos Peixes, durante o presente curso escolar.
O museo coruñés ofrece actividades didácticas orientadas ao coñecemento dos ecosistemas mariños e a súa protección, tema central do Aquarium e directamente relacionado co tema central da presente edición de Voz Natura: a auga.

Algunha das actividades que se poden gozar no Aquarium Finisterrae son, por exemplo:

- A Charca das Caricias: contacto en vivo e en directo cos animais.
- Utilización do proxector esférico que inclúe programas como Blue Planet ou Frozen
- Estudo do impacto do cambio climático nos océanos, as correntes ou a migracións de animais mariños. 
· Actividades didácticas no novo aula dixital 
- A Ruta do sexo mariño, que repasa as distintas formas de reprodución dos habitantes do mar. 
-Quen come a quen, na que se percorre a cadea alimentaria dos océanos. 
- A Ruta dos Sentidos, na que se detalla a forma en que peixes e organismos mariños utilizan o gusto, o tacto, o olfacto, o oído e a vista na auga.

As visitas serán personalizadas y poderanse realizar desde decembro do 2010 ata abril do 2011.

Para solicitar as visitas, os centros interesados deberán encher o formulario de reserva e envialo por fax aos números 981 189 841 ou 981 189 847 ou por correo electrónico á seguinte dirección: reservas@casaciencias.org

Máis información sobre os Museos Científicos Coruñeses: http://www.casaciencias.org/mc2/