CAST
|
GAL

Decimocuarta edición (2010-2011)

Participa no concurso de preguntas do Facebook de Voz Natura e consegue o teu premio!

 
Cada día, ata o xoves 2 de xuño, Voz Natura proporá unha cuestión ambiental no seu muro de Facebook. Concursar é tan sinxelo como responder a esa cuestión (dándolle á opción “Comentar”). Para votar polo comentario favorito dos que publiquen os concursantes bastará con seleccionar a expresión “Me gusta” no comentario que o votante considere mellor.  A resposta que ás 9.30 horas do día seguinte acumule máis “Me gusta” será a gañadora! 

Premios

- Pack produtos Voz Natura (bisera, lanterna dinamo, bandoleira, marco de fotos, pa de praia e frisbee)
- Aparcadoiro gratuíto na Festa Voz Natura
- Caricatura realizada por un humorista gráfico de La Voz
- Portada personalizada de La Voz de Galicia
- Paseo en pónei (un só uso )
- Pase preferente para atracción: Inchable (un só uso )
- Pase preferente para atracción: Escalada Natura Aventura (un só uso)
- Portafolio Voz Natura
- Polo Voz Natura (talla única)

Os premios entregaranse na festa Voz Natura que se celebra o sábado 4 de xuño de 2011 no parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña).