CAST
|
GAL

Decimocuarta edición (2010-2011)

A auga protagoniza o entroido Voz Natura 2011

 
Marzo converteuse no mes da auga para a comunidade Voz Natura. Primeiro, porque os centros prolongan a conmemoración do día 22 (Día Mundial da Auga) ao longo todo o mes. Segundo, porque a auga foi, sen dúbida, a raíña do entroido.

O colexio Mercedarias, de Ferrol, é un bo exemplo de como celebrar o Día da auga. Alí, durante as dúas próximas semanas desenvolverán múltiples actividades ambientais e solidarias relacionadas con este recurso. Outro caso é o do colexio Pablo VIN Fátima, da Rúa, que traballa este tema entre o 1 e o 22.

Marzo é tamén o mes da auga porque o entroido é monográfico en moitos centros que se acolleron ao tema central desta edición do programa para realizar os seus disfraces.Así, estes días hai moitos Bob Esponxa ecolóxicos por toda Galicia, como os pequenos do CRA Os Remuíños, de Cabana de Bergantiños, e da EEI Barrionovo, de Arteixo.

A fauna acuática tamén tomou as rúas: tartarugas, ras, golfiños, medusas ou peixes que esconden aos alumnos do CPR Cervantes, de Lugo, ou aos pequenos do Ceip de Sobrado-Nebra, de Porto do Son. No Ceip San Miguel de Reinante, de Barreiros, tomárono moi en serio e realizaron unha representación na que uns se disfrazaron de ríos sucios, outros de peixes contaminados, outros de flores mustias e, un último grupo, de equipo de limpeza con forma de colectores. Dando exemplo.