CAST
|
GAL

Decimosexta edición (2012-2013)

A Garda Civil impartirá charlas sobre incendios nos centros Voz Natura

 
Previr os incendios forestais e concienciar aos máis novos sobre o grave dano que estes lumes ocasionan nos ecosistemas é o obxectivo do programa de accións formativas que este curso, por segundo consecutivo, desenvolverán a Garda Civil e Voz Natura grazas a un acordo de colaboración.

Logo de éxito alcanzado pola iniciativa o curso pasado, os axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) desprazaranse novamente aos centros educativos que así o soliciten para informar aos alumnos sobre o seu traballo, ofrecerlles consellos útiles sobre a prevención de incendios e responder ás preguntas dos máis pequenos.

Os centros que desexen solicitar as charlas deben descargar ESTE FORMULARIO, cubrilo e envialo á dirección de correo electrónico que figura no mesmo, segundo a provincia á que pertenzan.
 
Unha vez recibida as solicitudes, a Garda Civil porase en contacto cos colexios ou institutos para confirmar os encontros, que terán unha duración aproximada de cincuenta minutos e poderán realizarse ao longo de todo o curso escolar.

Cada centro poderá solicitar as charlas que considere necesarias xa que estas adaptaranse ao nivel educativo dos alumnos que poderán ser de educación, infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional.

O curso pasado esta iniciativa estreouse entre a comunidade Voz Natura cunha gran resposta: colexios e institutos solicitaron un total de 249 charlas que os axentes do Seprona impartiron nas catro provincias e nas que participaron ata 12.000 alumnos.