CAST
|
GAL

Decimosexta edición (2012-2013)

O Aquarium Finisterrae ábrese a Voz Natura

 
O Concello da Coruña e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre acaban de renovar por cuarto ano consecutivo o seu acordo de colaboración grazas ao cal os centros participantes no programa medioambiental Voz Natura poderán realizar visitas especiais e gratuitas ao Aquarium Finisterrae.

Ao longo deste mes, todos os equipos Voz Natura que o desexen poden visitar a Casa dos Peixes de forma gratuita, percorrer as instalacións e participar en actividades especialmente pensadas para eles. Así, dacordo co tema central desta edición de Voz Natura, as visitas que se realicen ao amparo deste acordo poderán comprobar en directo como se fomentan as fontes renovables e o aforro enerxético no propio acuario. Ademais, os Museos Científicos Coruñeses facilitarán material didáctico de apoio aos profesores que acompañen aos grupos escolares.

Solicitudes 
Para solicitar as visitas, os centros interesados deberán reencher ESTE FORMULARIO DE RESERVA e envialo por fax aos números 981 189 841 ou 981 189 847 ou por correo electrónico á seguinte dirección: reservas@casaciencias.org