CAST
|
GAL

Decimosexta edición (2012-2013)

articipa no concurso de vídeos de Voz Natura!!

 
Como peche da súa 16ª edición, Voz Natura lanza un concurso de vídeos, aberto a todo o mundo, no que os participantes deben mostrar en que consistiu o seu labor ambiental ao longo do período do curso escolar 2012-2013. Os traballos pódense presentar ata o 21 de maio e serán os fans de Voz Natura en Facebook os que decidirán os ganadores cos seus votos. Máis información.

O certamen está aberto a todo tipo de propostas e a todas as persoas que o desexen (participen ou non en Voz Natura). Os traballos poderán ser unha montaxe resumen de todas as accións realizadas estes meses, unha gravación dunha actividade puntual, con imaxes ou presentacións de fotografías... Neste sentido, os centros Voz Natura poden elaborar os seus vídeos para o certamen ou a presentar as gravaciones xa realizadas ao longo do curso e que, en moitos casos, están publicadas nos seus blogs.

O sistema de participación é moi sinxelo. Unha vez subido o vídeo a YouTube ou Vimeo hai que entrar na pestana “Concurso de vídeos” da páxina de Facebook de Voz Natura e envialo a través do formulario habilitado para ese efecto (copiando a dirección onde está aloxado o vídeo e reenchendo os campos solicitados). A organización do programa revisará que os vídeos axústense ao contido das bases e publicaraos nesa mesma pestana. Unha vez finalizado o prazo de presentación de vídeos, abrirase un tempo de votacións públicas, e resultará gañador o que máis votos reciba. Poderán votar todas as persoas que o desexen, sempre que cumpran co único requisito de ser fan da páxina en Facebook de Voz Natura, polo que é importante que os candidatos difundan a súa participación para lograr o maior número de votos posible. O autor do vídeo gañador levarase un lote de aventura formado por dúas bicicletas de montaña (adulto e junior), un saco de durmir e unha mochila de senderismo, que recollerá no transcurso da Festa Fin de Curso do próximo 1 de xuño.

Prazos: 
Presentación de vídeos ata o 21 de maio 
Votacións: desde o 22 ata o 30 de maio

Os menores de 14 anos que desexen presentar un vídeo deben remitir a Voz Natura esta AUTORIZACIÓN (pincha aquí para descargala) asinada polos seus pai ou titores legais.

Consulta aquí as BASES DO CONCURSO