CAST
|
GAL

Decimosexta edición (2012-2013)

A festa fin de curso será o sábado 1 de xuño

 
Os máis de 50.000 alumnos que este curso participan en Voz Natura, os seus profesores, as súas familias e todas as persoas que desexen asistir teñen unha cita o sábado 1 de xuño na festa fin de curso do noso programa. O escenario será novamente o parque de Acea de Ama, no municipio coruñés de Culleredo, con entrada libre e participación gratuíta en todas as actividades lúdicas e deportivas que se realizarán ao longo da xornada.

A festa pechará a 16.ª edición de Voz Natura que se está desenvolvendo este curso coas enerxías renovables como tema destacado. Ademais, será o marco para a entrega de premios aos equipos autores dos mellores traballos ambientais do ano: o gran premio Galicia, os catro provinciales e os galardones especiais do comité científico.