CAST
|
GAL

Decimosexta edición (2012-2013)

Última rolda de visitas do comité científico aos centros

 
O comité científico de Voz Natura comeza estes días a súa segunda fase de visitas aos 298 centros educativos e asociacións que participan este curso no programa. Estes encontros servirán para comprobar a fase de desenvolvemento en que se atopan os proxectos ambientais, asesorar aos profesores e tomar as primeiras notas de cara á concesión dos premios.

Para a súa valoración final, os expertos de Voz Natura terán tamén moi en conta a memoria dos traballos que todos os equipos deben presentar antes do 30 de abril. Neste informe deben incluír unha explicación pormenorizada de todas as actuacións que realizaron.

Por outra banda, mentres este curso entra na súa fase final, Voz Natura ten aberto o prazo de presentación de proxectos para a próxima edición ata o próximo 15 de marzo.