Os centros ourensáns reciben ao Comité
Coincidindo co inicio do curso 2012-2013, o Comité Científico de Voz Natura iniciou a semana pasada as visitas aos centros educativos participantes para brindarlles o seu asesoramento na posta en marcha dos seus traballos ambientais.
Os colexios e os institutos da provincia de Ourense están a ser os primeiros en recibir ao Comité. Nas próximas semanas tocaralles a quenda aos centros de Lugo, Pontevedra e, finalmente, A Coruña.
Con José Antonio Díaz Núñez á fronte, os especialistas de Voz Natura visitarán cada centro en dúas ocasións: agora, a principio do curso, e na primavera, unha vez os traballos estean xa avanzados.