CAST
|
GAL

Decimosexta edición (2012-2013)

Ata 41 equipos estréanse este curso en Voz Natura

 
Dos 298 equipos que este curso executan actuacións ambientais ao amparo de Voz Natura, un total de 41 estrean participación. Son colexios, institutos e asociacións que durante o curso 2012-2013 realizarán diversas actividades ecolóxicas ao amparo do programa da Fundación Santiago de Rey Fernández-Latorre.

Algúns destes centros achéganse por primeira vez á educación ambiental a través dun proxecto concreto; outros, a maioría, canalizan as accións ambientais que xa desenvolvían e amplíanas grazas ao apoio de Voz Natura.

Tras visitar moitos destes centros e comprobar in situ as súas actividades, o comité científico do programa valora o esforzo e implicación dos novos equipos e destaca os proxectos ambientais que executan a Asociación Sustinea (Ourense) -que desenvolve o traballo en colaboración co colexio Ben-cho-shey-, o CPI de Panxón (Nigrán), e en Sarria, dous centros: o CPR La Merced e o CPR Nuestra Señora de La Asunción.