CAST | GAL

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

Os plásticos que  ensucian o medio, inimigo número uno

 
Nin coronavirus nin nada os para. Así se deduce con claridade das palabras da profesora Ana María Crespo: «Un curso máis, o noso cole, o CEIP Cruz Budiño, do Porriño, realiza pequenas accións de coidado e conservación do medio ambiente, contribuíndo a facelo máis verde e sostible». 

Ou sexa, aquí non se rende ninguén. Cos problemas inherentes ao confinamento, desde logo, pero evitando que decaese o ánimo. Agora, tres meses despois do inicio da gran anomalía, Ana Crespo reflexiona: «Algunha das tarefas que fixemos este ano foron continuación das iniciadas en outros». E cando se lle pide que sexa máis concreta, faio: «O cultivo dunha horta ecolóxica no invernadoiro e ao aire libre, o coidado do xardín do cole, a separación selectiva de lixo (papel, plástico, restos orgánicos), a compostaxe...». 

Está claro que o  covid 19 deulles un bo golpe, porque ao comezo do curso formaran unha nova  ecopatrulla con nenos de 3º a 6º, 12 en total, e cada semana levaban a cabo diferentes tarefas que á vez eran útiles e  concienciadoras, como baleirar os cubos de plástico e cartón-papel (que posteriormente recollía unha empresa de reciclaxe), regar, arrincar malas herbas, controlar a composteira, etc. 

E nisto chegou a desfeita. Todos para casa. Pillounos recentemente chegados dunha saída. Cóntao, con nostalxia, Ana Crespo: «A escasos días de iniciar o confinamento fomos á Guarda, onde nos xuntamos co CEIP Manuel Rodríguez  Sinde, para ir á praia de Vos  Muíños de Camposancos e recoller plásticos». Foi, lembra, unha gran xornada: «Fixemos un irmandamento con intercambio de agasallos, unha árbore do amor ( cercis  silequastrum) para os nosos compañeiros da Guarda, e uns aparellos e buguinas de mar para nós». Tratouse dun achegamento -logo cualificárono de bonito e entrañable- entre un colexio de costa e un de interior na loita común por acabar cos plásticos que son nocivos para os ecosistemas en xeral e os seres vivos en particular. «O confinamento fixo que as nosas  plantitas de suculentas crecesen baixo o atento coidado das limpadoras do cole, para que nós agora podámolas levar e coidar na nosa casa», engade Ana Crespo. 

Así, coas súas variacións locais, é o día a día dos profesores e alumnos que participan en Voz Natura. E todo ese traballo realizado durante tantos meses verase reflectido nunha memoria final... e as actividades que non se puideron realizar debido ao confinamento e váianse a executar en setembro ou outubro enviaranse nun anexo neses meses.