CAST | GAL

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

Hoxe arrinca a edición 24 de Voz Natura

 

Arrinca Voz Natura. Alguén desde calquera recuncho de Galicia podería dicir «pero se xa levo traballando desde setembro, como que arrinca?». E terá razón. O que arrinca é a próxima edición do Programa de Educación Ambiental Voz Natura, e é a número 24. Ou sexa, empezamos a traballar coa mirada posta xa no 2020-2021. Un curso distinto dos outros: o 2021 é Xacobeo, despois de máis dun decenio de seca de anos santos. E como non podía ser doutra maneira, o tema central de Voz Natura vai ser o Camiño de Santiago. Ou mellor en plural, porque toda Galicia está cruzada por diversos roteiros xacobeos, tres delas declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Estas son as  FAQ, as preguntas máis frecuentes que recibimos en edicións pasadas:

Quen poden participar? Todos os centros educativos galegos (de infantil a bacharelato, educación especial, FP), asociacións, escolas taller...

Desde cando podo presentar a miña proposta? Desde hoxe mesmo, luns.

E ata cando? O prazo de admisión termina o 15 de marzo.

Cando saberei se o meu centro foi admitido? Ao longo do mes de xuño faranse públicas as listas dos que reciben luz verde.

Pero, como me inscribo? A través dun formulario na páxina web do programa que xa está activado.

Realmente ten peso específico Voz Natura? Claro, e non só pola experiencia de tantos anos con miles de alumnos galegos, senón porque a coordinación de proxectos Voz Natura está recoñecida oficialmente como actividade de innovación educativa pola Consellería de Educación, e todos os que participen como coordinadores recibirán a correspondente certificación a final de curso. Fíxache na cláusula número tres das bases.

Grazas, pero teño outro proxecto, así que non participo. Pois che animamos a facelo, porque, aínda que o tema xeral sexa protección e recuperación da contorna natural dos Camiños de Santiago, aceptamos calquera proposta e traballo de calquera tipo que se centre na actividade ambiental, especialmente de acción directa.

Detalles, na web
Todo iso está moi ben, pero necesito máis detalles. Pois os tes na web. E este é o noso  mail, para o que necesites: voznatura@lavoz.es.

Inscríbete e participa na 24ª edición de Voz Natura.