CAST
|
GAL

Vigésimo tercera edición (2019-2020)

Mellorar o confinamento coa axuda de Voz Natura

 
A inevitable pregunta destes días é: isto que estamos a vivir, é a historia interminable? A resposta: se falamos de aprender e estudar desde casa no canto de ir ao colexio ou ao instituto, en absoluto: isto acábase, e máis pronto que tarde toda Galicia volverá ás aulas. E é que o verán — e todos os veráns—, pasa moi rápido.

Se falamos de Voz Natura e a implicación dos centros, profesores e alumnos en plena corentena, a resposta a esa pregunta é si, porque ademais da ampliación de prazos ata setembro, co novo curso moitos centros dos que xa están e outros moitos que se incorporarán por primeira vez desenvolverán os seus proxectos, centrados nos Camiños de Santiago.

Voz Natura é unha historia interminable. Por sorte. Pero neste momento todo o mundo segue nas súas casas, gozando das primeiras medidas que permiten saír dunha maneira controlada. Incómoda en certo xeito, pero fundamental para vencer ao coronavirus covid-19. É dicir, para que non haxa máis enfermos e, o que é fundamental, para que non haxa máis mortos. Claro que o estar entre as paredes do fogar non quere dicir non estar activos.

Que llo digan se non a Montse Diz, profesora do CEIP de Marcón, en Pontevedra, que se organizou de tal maneira que, por suposto respectando todas as recomendacións e instrucións oficiais, arranxoullas para que a terra do seu horto estea húmida. «E xa nos saíron os amorodos e os brócolis, e as coles están crecidas, así como as plantas aromáticas», di.

Máis ao norte, no concello de Valga, e por tanto tamén provincia de Pontevedra, Iria Felgueiro non se ha desanimado e todos os venres, xunto coa súa compañeira Noemí, lanzou reto tras reto -un para cada lectivo da semana!-a través do blogue do seu centro, un CRA. De que se trata? De realizar un pequeno xesto «que faga feliz á Terra». E que axude aos seus alumnos para seguir adiante. E aí coubo desde facer un animal fantástico ata construír un humilde e atractivo avión de papel (titorial incluído!), sempre «con material de refugallo». «Ou primeiro trimestre empezamos concienciando ás familias coas tres R -relata Iria-, e tivemos unha resposta moi boa”. E engade: « Agora, con esta situación, tentamos que vos retos sexan variados, de movemento, manualidades, música, inglés…». E ademais tentan aproveitar as datas fixas do calendario, e o 22 de abril celebraron ao grande o Día da Terra. Os alumnos responderon enviando fotos collendo ovos, coas vacas…

Así que o certo é que, día a día, varios miles de estudantes galegos achéganse ao final de curso coa axuda de Voz Natura, unha iniciativa de La Voz de Galicia desenvolvida pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.