CAST
|
GAL

Vigésimo tercera edición (2019-2020)

Os escolares bótanse ao monte en busca dos mellores cogomelos

 
Con moito sentidiño, asesorados por expertos e da man dos seus profesores, os escolares galegos percorren estas semanas os montes galegos en busca de cogomelos. Forman parte de equipos Voz Natura que incluíron a micoloxía entre as súas actividades.

De todos os centros que participan no programa ambiental da Voz destaca neste campo o CEIP de Vilarmide, en Muxía. Alí, levan máis dunha década realizando unha exposición anual de cogomelos chamada Cogomelandia. Este ano os escolares de Vilarmide realizaron cultivos dentro do centro, concretamente de Pleurotus Ostreatus, ou cogomelo de ostra, que ademais, e sempre en función da cantidade que poidan sacar, poderán degustar no centro.

En Ourense, un grupo de escolares xa participaron nunha charla explicativa e nunha saída pola beira do Miño para recoñecer distintas especies de cogomelos. O día 22 sairán ao monte os alumnos do CEIP Padre Crespo, de Xunqueira de Ambía.

O comité científico, experto en  micoloxía
Los integrantes do comité científico de Voz Natura —os encargados de asesorar aos centros no desenvolvemento dos seus proxectos— son especialistas no medio ambiente, ciencia e divulgación ambiental. Entre as distintas disciplinas que dominan, hai un campo onde coinciden e ao que son grandes afeccionados: a micoloxía.

Proba diso é que hai poucos días, catro dos membros do comité do programa da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre colaboraron na IV Semana dos Cogomelos da Universidade da Coruña que incluíu unha exposición micolóxica, un taller de identificación de cogomelos e unha saída guiada ao monte dá Fraga.

José Antonio Díaz Núñez —presidente do Grupo  Micolóxigo Galego Luís Freire—, Antonio  Prunell, Elvira Sahuquillo e Alejandro Díaz puxeron os seus coñecementos ao dispor dos alumnos da UDC.