CAST | GAL

Vixésima segunda edición (2018-2019)

Voz Natura renova o seu plan de acción tras superar os 5.000 proxectos realizados

 
O curso 2018-2019 de Voz Natura vén cargado de titulares. O primeiro é que o programa de educación ambiental supera nesta edición os 5.000 proxectos ambientais. Son 5.000 actuacións nos ecosistemas de Galicia realizadas en 21 anos, asinadas por nenos, novos e profesores, co apoio de familias, comunidades de montes,  concellos, asociacións... Para conmemorar este logro histórico, Voz Natura propúxose renovar o seu modelo e centrar todos os seus esforzos en poñer en valor os traballos realizados polos miles de equipos que participaron e participan nesta iniciativa.

A páxina web do programa, recentemente renovada, é a canle fundamental para dar a coñecer os seus traballos. A través da sección O Reporteiro, cada día infórmase das actividades ambientais dos centros. Ademais, en breve poderanse consultar as memorias dos centros gañadores de cada unha das 21 edicións do programa: desde a actuación realizada no curso 1997/1998 polo  IESP de Vilanova de Arousa no parque natural de Ou  Carreirón ata o proxecto gañador do curso pasado, do colexio Estudo, que recuperou as zonas afectadas polos incendios en  Chandebrito.

Este curso tamén se están potenciando os blogues Voz Natura dos centros para que sexan os propios profesores e alumnos os que difundan o seu labor. A estes cadernos dixitais pódese acceder desde a web do programa. E para mostralo en imaxes, a canle de YouTube do programa (YouTube/ ProgramaVozNatura) acumula cada vez máis vídeos realizados polos propios equipos Voz Natura.

Galardóns
Este curso, os galardóns incrementan a súa dotación económica para continuar desenvolvendo os traballos ambientais e renóvase o acto de entrega dos premios aos mellores proxectos ambientais. A partir desta edición, os protagonistas absolutos serán os equipos gañadores: os nenos, os profesores e os seus traballos. O comité científico do programa desvelará o nome dos gañadores coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño. Uns días máis tarde, celebrarase unha gala no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre para entregar estes premios.

O Museo -onde se atesouran miles de xornais históricos e máquinas de produción xornalística antigas- será o marco para un acto no que tomarán a palabra os gañadores para contar en que consistiu o seu traballo e mostralo coas súas propias presentacións. Será, ademais, un punto de encontro para que os docentes, e tamén os pequenos, poidan compartir as súas experiencias e poñer en común as súas ideas de fronte ao próximo curso.

Este acto tomará a substitución á tradicional festa fin de curso na que, co paso dos anos, a vertente lúdica había gañado terreo á ambiental. Voz Natura pretende agora recuperar a súa esencia dando visibilidade e protagonismo aos verdadeiros artífices do programa de La Voz de Galicia: os máis de 5.000 equipos formados por nenos, novos e docentes que converteron ao programa nunha referencia no campo da educación ambiental en España.#FaiGaliciaVerde.