Voz Natura achégase á rechamante cifra de 200.000 árbores plantadas desde 1997
Con máis de 700.000 alumnos e 33.000 profesores participando no programa ambiental de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/98, non é fácil dar unha cifra exacta. De feito, durante a celebración do Día Forestal Mundial, máis coñecido como Día da Árbore, que tivo lugar o mércores no emblemático cabo Fisterra, a coordinadora do proxecto Nazareth Díaz e José Antonio Díaz Núñez, membro do comité científico e precursor da actividade, na que participa desde o primeiro día, facían memoria. «Creo que debemos andar preto das 100.000 árbores plantados», apuntaba Díaz Núñez, mentres lle replicaba a coordinadora: «Que va! Fai moito que pasamos xa esa cifra, temos que estar moi preto dos 200.000».
Números aparte, porque do que verdadeiramente se trata é de crear conciencia, e de que os pequenos da casa que se convertan nun motor de cambio e de sensibilización ambiental para as familias e a sociedade no seu conxunto, o éxito é indubidable. Demóstrano os numerosos e prestixiosos premios acumulados por Voz Natura durante estes xa 21 anos de existencia pero, sobre todo, a importancia que lle dan os docentes e a ilusión coa que o acollen os escolares dos colexios participantes.
Este ano o elixido para conmemorar un día tan simbólico, en presentación dos centros repartidos por toda Galicia que formaron parte da iniciativa durante todo isto tempo ou están agora dentro dela, foi a Nosa Señora do Carmen de Fisterra, coa profesora Julia Insua á cabeza. Da man dos axentes, técnicos e brigadistas do Distrito V con base en Vimianzo, os alumnos da ESO plantaron preto dun centenar de castiñeiros nun pequeno val do Monte do Cabo, mentres os máis pequenos de infantil e primaria sementaban landras para contar coas súas propias plantas para futuras reforestacións.
Ademais, en Fisterra, onde desde o 2010 en diante cambiaron os piñeiros que utilizaban antes por frondosas autóctonas como carballos e castiñeiros, esta iniciativa cumpre outra función a maiores, como lles explicaba aos pequenos o axente ambiental Xosé Calvo, á fronte da actividade cos seus compañeiros Pablo Vidal e Fátima Romeu: a de levantar unha devasa natural fronte a hipotéticos incendios. Estas árbores, dispostos de maneira estratéxica, rompen a continuidade das masas de piñeiro e evitan que o lume se propague, ademais de facilitar a extinción no caso de que se faga necesario.

En definitiva, da man de Voz Natura, os nenos fisterráns e de toda Galicia aprenden cada día sobre o seu monte e como protexelo.#FaiGaliciaVerde.