Voz Natura pecha o prazo de presentación de proxectos o día 15 deste mes
Os centros educativos que queiran formar parte da comunidade Voz Natura durante o curso 2018-2019 teñen ata o próximo día 15 para presentar as súas propostas de actuación. En dez días, o programa de educación ambiental pecha o prazo de inscrición e comezan as avaliacións de todos os proxectos presentados.
En Voz Natura teñen cabida todo tipo de traballos ambientais e poden participar alumnos de todos os niveis educativos preuniversitarios. Valóranse especialmente as actividades que impliquen accións directas nos ecosistemas como limpezas de zonas degradadas e reforestacións, entre outras, e con repercusións positivas para toda a comunidade.
Para o próximo curso, o programa fai un chamamento especial aos aspirantes para que inclúan nos seus traballos propostas de actuación relacionadas coa preservación e coidado dos montes. O obxectivo prioritario da 22.ª edición será protexer, recuperar e poñer en valor a riqueza dos montes e bosques galegos, conservar a súa biodiversidade e sensibilizar á sociedade sobre a problemática dos incendios forestais.
O comité científico que avalía os proxectos -integrado por personalidades do mundo da ciencia, a educación e a comunicación- tamén valorará especialmente a implicación de toda a comunidade escolar. Baseándose nestes criterios e outros de carácter técnico e ambiental, o comité decidirá que proxectos son admitidos e o financiamento que se lles concede para desenvolver o traballo. A principios do mes de xuño farase pública a lista dos centros admitidos e, en setembro, co inicio do novo curso, comezarán a executarse os novos proxectos Voz Natura. #FaiGaliciaVerde.