Voz Natura lanza o seu concurso de vídeos prol medio ambiente
Educar. Plantar un campo para recoller logo bos froitos. Esa é a arma que usa o programa Voz Natura, da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para avanzar no obxectivo de protexer a natureza. Porque conservar o medio ambiente é algo que non pode deixarse de lado. O terreo de cultivo son as escolas. Con esa idea son numerosos os proxectos que os 350 centros que participan durante este curso en Voz Natura desenvolven ao longo de todo o ano.
Desde hortos anexos ás aulas, onde aprender a desenvolver abonos naturais ou como cultivar tomates, a outros que tratan de recuperar algúns costumes galegos como o antigo Samaín, que celebraba a chegada da colleita.
Para dar testemuño de todo o traballo que se vai realizando ano a ano, Voz Natura lanza unha nova edición do concurso de vídeos Así se coida a natureza!, onde calquera dos colexios que están en Voz Natura poderán presentar ideas.
Os participantes poderán enviar ata cinco traballos cada un. O que han de ter en conta é que os vídeos poderán unicamente facer referencia a proxectos que realizasen durante este ano. Non valerá ningún de anos anteriores como na edición aniversario do ano pasado. Pero terán carta branca para centrarse só nun en concreto ou, pola contra, facer un proxecto audiovisual global que beba de cada traballo realizado, buscando unha rama que os una a todos. Poden combinar tamén fotos con imaxe en movemento. A creatividade non ten límites.
Os traballos han de presentarse en abril do ano que vén, pero desde a organización recomendan ir tomando imaxes do proceso de creación dos proxectos para logo ter máis material onde escoller para logo realizar a montaxe. Canto máis material teñan, máis alternativas haberá á hora de desenvolver o proxecto audiovisual.