Voz Natura deixa a súa pegada ambiental na zona de Ferrolterra
Son moitos os centros escolares e asociacións de Ferrolterra que levan anos involucrados no programa Voz Natura de La Voz de Galicia e cuxa pegada na contorna natural é impagable. É o caso do ANPA de O Beco do IES Candieira, en Cedeira. Tal e como lembra o coordinador Diego Rodríguez, os alumnos realizan saídas en kaiak para a limpeza de praias da costa de Cedeira «en lugares de difícil acceso». Tamén levan a cabo un traballo de localización e erradicación de especies exóticas invasoras, «empregando aváncesvos tecnolóxicos». Por último, neste centro tamén se está realizando un inventario de fontes e lavadoiro públicos de Cedeira. « Faise unha xeolocalización detallando as súas características e ou seu estado de conservación, que en moitos casos é ruinoso, ou está cuberto de vexetación».
Ademais, tamén en Cedeira, a asociación Apader encárgase da recuperación de fontes da aldea Ventosa e de saídas de identificación micolóxica e de plantas medicinais e aromáticas pola serra da Capelada. E o ANPA de Picapeixe, céntrase nas reforestacións e limpezas no monte de San Antón de Corveiro e o río Condomiñas e limpeza da praia de Arealonga entre outras actividades ambientais que levan a cabo os exploradores.
A asociación de veciños de Esmelle, en Ferrol, ocúpase dos lavadoiros e limpeza de fontes, reforestación de carballos e castiñeiros, así como os muíños. E o CPR La Salle realiza un estudo biolóxico do barrio de Caranza culminando cun decálogo de actuacións ambientais.