CAST
|
GAL

Vigésimo primera edición (2017-2018)

Voz Natura abre o prazo para participar no próximo curso

 
Os centros educativos e asociacións de Galicia que queiran formar parte da comunidade Voz Natura durante o curso 2018-2019 deben poñerse xa ao choio. Este xoves, 1 de febreiro, ábrese o prazo para presentar os proxectos de actuación, detallando todas as accións ambientais que lles gustaría desenvolver na que será xa a 22ª edición do programa da Voz desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

O prazo pecharase o 15 de marzo. A partir dese momento, o comité científico de Voz Natura analizará os proxectos e decidirá cales son admitidos. A lista definitiva coñecerase a principios de xuño e os proxectos comezarán a executarse en setembro, co arranque do novo curso.

Voz Natura estreou este curso a súa nova web, con máis funcionalidades e protagonismo de alumnos e profesores. No apartado «Próxima Edición» desta páxina estará operativo -a partir do xoves- un sinxelo formulario para presentar as propostas.

Para o próximo curso, o programa fai un chamamento especial aos aspirantes para que inclúan nos seus traballos actividades relacionadas coa preservación e coidado dos montes. O obxectivo prioritario da 22ª edición será protexer, recuperar e poñer en valor a riqueza dos montes e bosques galegos, conservar a súa biodiversidade e sensibilizar á sociedade sobre a problemática dos incendios forestais.

O comité científico comeza hoxe as visitas aos  centros
Los 350 centros participantes en Voz Natura comezarán a recibir a visita do comité científico do programa a partir de hoxe. Trátase da segunda que realizan durante este curso. Neste caso, ademais de prestar o seu asesoramento e apoio para o desenvolvemento dos traballos que han de realizar durante o ano, tamén tomarán nota para a concesión dos premios do curso 17-18 aos proxectos máis destacados.

Na web do programa, no apartado «O Reporteiro», pódese consultar xa un mapa coa previsión dos centros que van visitar e información destes encontros con imaxes das actuacións e dos propios participantes.