20 anos de concienciación ambiental
Voz Natura vaise de vacacións despois dun ano moi especial, no que celebra o o seu vixésimo aniversario. Nestes dous decenios o programa ambiental de La Voz, que naceu para que escolares galegos tomasen conciencia dos problemas ambientais da súa contorna mediante o contacto coa realidade e a actuación directa», sinala Ramón Núñez, presidente do comité científico de Voz Natura, non parou de crecer.
Esta iniciativa, que contou con 109 colexios no curso 1997-98, baterá un ano máis o seu récord de participación na próxima edición, con 350 proxectos. Este continuo crecemento débese, segundo Núñez, a dous factores «Un global, o respecto ao medio ambiente xa forma parte da conciencia colectiva da sociedade; e un máis específico, o apoio que se lles dá aos profesores e o bo traballo das persoas que conforman o programa», explica.
Nestes 20 anos, o ámbito da actuación tamén evolucionou «os primeiros proxectos eran case todos monográficos, pero pronto chegaron propostas multidisciplinares, o que provocou un cambio moi significativo: traballar fose do centro». «Outra novidade foi o efecto arrastre case inmediatamente, os familiares, autoridades, asociacións e proteccionistas independentes uníronse a Voz Natura, apunta José Antonio Díaz, membro do comité científico e portavoz ata a súa xubilación en 2014. «Ademais, «houbo un incremento da creatividade e un maior número de proxectos vinculados coa tecnoloxía. As exposicións, que ao principio eran máis tipo anualidades, agora son grandes creacións estéticas, pero coa tecnoloxía como ingrediente para mellorar, o que demostra que esta non é incompatible coa ecoloxía, se non que a prieta debe estar ao servizo da segunda», puntualiza Núñez.
Aínda que as inscricións para a 21ª edición xa están pechadas, ambos animan aos centros para apuntarse á número 22 cando se abra o prazo, porque «a formación e a educación son os alicerces básicos para o desenvolvemento da conciencia ambiental», asegura Díaz, e non son necesarios grandes proxectos, «só é necesario saír e mirar ao redor, e seguro que hai algo centra do centro que está a demandar atención» engade Núñez.