CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Actividades   |   Voz Natura en acción

 

Voz Natura busca reporteiros medioambientais!


A web, a páxina de Facebook, Instagram ou o canal de YouTube de Voz Natura queren ser escaparates do voso labor ambiental, así que collede o móbil, a cámara de fotos, de vídeo..., gravade o voso traballo e convertédevos en reporteir@s ambientais. Así todo o mundo poderá ver o que facedes para coidar a contorna natural de Galicia e contaxiarase do voso compromiso coa natureza.

*Instrucións:

OBSERVA:  ¡Abre ben os ollos! Lixo nas marxes do río, montes queimados, praias sucias, residuos sen separar... ¡Cinco minutos abondan para decatarse das cousas que non funcionan na nosa contorna!

DETECTA PROBLEMAS:  Entre todo o que observaches, identifica as ameazas e as agresións que sofre o medio ambiente ou que podería sufrir se a túa comunidade escolar ou a túa asociación non interveñen.

ACTÚA:  Ponte ao choio e mobiliza á túa comunidade para desenvolver o teu plan de traballo con Voz Natura. Alumnos, pais, familias, autoridades, membros de asociacións... ¡Contamos con tod@s para limpar, reciclar, reforestar...!

GRAVA:  Colle o teu cámara e demostra o teu talento como reporteir@ ambiental. Ensínanos coas túas imaxes como se protexe o medio ambiente no teu centro e como mellorades a contorna co voso proxecto.

DIFUNDE: ¡Voz Natura abre as súas Redes Sociais para ti! Sobe os teus vídeos e comparte con centos de amigos o teu traballo ambiental, os teus recunchos favoritos e tamén as imaxes de denuncia de agresións ou carencias no medio ambiente.
Non esquezas publicar tamén os vídeos no teu blog Voz Natura. Se o teu centro aínda non o ten, ¿a que esperades para crealo?
Se prefires, mándanos tamén as túas imaxes a voznatura@lavoz.es e subirémolas á web ou ao canal de YouTube do programa: https://www.youtube.com/user/ProgramaVozNatura.

REFLEXIONA: As túas imaxes e as do resto de participantes en Voz Natura servirannos para aprender e reflexionar durante o curso sobre a importancia de coidar o noso patrimonio natural e serán, sen dúbida, un exemplo para toda a sociedade galega.

¡PARTICIPA!