Integra na túa aula proxectos de ciencia cidadá e converte ao teu alumnado en verdadeiros científicos e científicas aportando valor en investigacións reais ao tempo que aprenden bioloxía
Esta guía está deseñada para axudar ao profesorado e á comunidade educativa a integrar os proxectos de ciencia cidadá nas aulas ou nos clubs de ciencia.
A ciencia cidadá, na que persoas voluntarias colaboran coa comunidade científica en proxectos diversos, mostra a importancia da investigación científica e a colaboración entre persoas con coñecementos diferentes.
Con esta iniciativa, preténdese fomentar o acompañamento do alumnado no seu recoñecemento do impacto e valor das investigacións científicas, a través de sistemas de aprendizaxe indagativos. A ciencia cidadá permite ás nosas alumnas e alumnos aprender ciencia facendo ciencia, polo que é unha interesante ferramenta de ensinanza para todas as idades.
Explora e descarga esta guía para coñecer como podes levar a cabo proxectos de ciencia cidadá co teu alumnado!
Este recurso educativo é parte do programa DIXIT que podes atopar en: