Premios Isabel Zendal

Promovendo o Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato

Os premios organízanse  pola Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico. O concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.

O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas. Tamén se valorará que sexan sensibles á erradicación das diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.

Podes acceder á convocatoria premendo na seguinte ligazón.

O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 26 de abril de 2024 ás 14:00 h.

Categories: Atrévete, Novedades