Tes unha cita o sábado 10 de xuño
O Club de Ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo celebrará a V Edición da Feira de Ciencia Cullerciencia o sábado, 10 de xuño de 2023, en horario de 12:00 a 19:00 horas. Por segundo ano a celebración será no Paseo Marítimo de O Burgo e contará con centros educativos e entidades relacionadas co ámbito científico. Invitan a todas as familias e membros da comunidade educativa a asistir á Feira e, tamén, se hai alguén interesado/a en participar como voluntarios/as na actividade, agradecerían que se poña en contacto con eles.
En La Voz de Galicia tienes más información sobre el programa. ¡No te lo pierdas!