Naceu en Lousame en 1975. En 1º BUP quedou fascinada cando a profesora explicou a Teoría da Tectónica de placas e a partir de aí quedoulle claro que o seu era a natureza. Estudou Bioloxía na USC e ao rematar xa comezou na docencia. Desde o ano 2016 imparte clases de Bioloxía e Xeoloxía no IES de Porto do Son. Ao ser especialista dunha materia que lle permite estar o aire libre, pode potenciar o ensino que se atopa fora das aulas.
¿Nos cuentas una experiencia/proyecto/iniciativa que te influyó especialmente para innovar en tu forma de educar?
Despois de 20 anos dando clase, a propia experiencia é fantástica para saber cales son os erros e cales os acertos que realizas con respecto á aprendizaxe do alumnado. Gústame moito a miña profesión, e sempre quero mellorar o meu traballo. Coñecer a xente nos distintos centros onde estiven, ver outras formas de traballar, ou coñecer experiencias educativas doutros países, servíronme para introducir ideas no meu traballo diario.
¿Nos cuentas una anécdota?
Cando daba clases de xeoloxía no IES de Monterroso era habitual sair cos alumnos a coñecer a riqueza xeolóxica da zona. Dunha volta, armados con picos, saímos polos arredores do cárcere, onde hai afloramentos moi interesantes de distintos materiais. O que non contaba eu é que un dispositivo da Garda Civil se puxera detrás nosa dubidando das nosas intencións cos picos.
¿Una reflexión/cita/idea/persona inspiradora?
Como naturalista, non podo deixar de admirar a Charles Darwin. Gústame explicarlle aos rapaces esa simbiose entre a bioloxía e a xeoloxía por el explicada. Gústame esa frase sinxela que simboliza tanto no esbozo da árbore filoxenética sobre a evolución das especies: “I think…”
¿Una sugerencia a las personas educadoras para innovar en educación?
Alonxarse do currículo estrito. Intentar aproximar esos contidos á vida real, ao útil. Eso é co que se quedan os rapaces.