¿Queres unha maleta de experimentos para a túa aula?

O CAFI pon á túa disposición unha maleta en préstamo para que descubras a ciencia co teu alumnado

Podes elixir entre dúas maletas:


– Maleta 1: Contén todo o material para levar a cabo os Experimentos SnackLabs e un documento explicativo para desenvolvelas.

– Maleta 2: Contén todo o material para levar a cabo os Experimentos TecnoLabs e un documento explicativo para desenvolvelas.

As maletas empréstanse aos colexios da zona de influenza do CAFI durante un período de 1 mes prorrogable no caso de non ter outras solicitudes.

O empréstito é de balde para o centro educativo, que se comprométe a:   1. Recoller a maleta enviando a unha persoa responsable.    2. Asinar un documento de empréstito.   3. Cando remate o período de empréstito o centro educativo devolverá a maleta ao CAFI, completando o documento de check out onde se recollerá os materiais que temos que repoñer o substituir.   4. O centro educativo comprométese a enviar, alomenos, un vídeo onde se recolla o desenvolvemento dunha das experiencias propostas. Estos vídeos formaran parte das boas prácticas de aula para esta maleta e aparecerán nun taboleiro nesta aula virtual.   5. A persoa responsable completará o cuestionario de mellora.

Solicita máis información e trámites de solicitude de préstamo mediante correo electrónico a: cafi.aulanova@edu.xunta.gal

Categories: Experimentos, Novedades