O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) lanza a terceira edición
O Proxecto MEDRA é unha iniciativa que achega o estudantado galego de secundaria e bacharelato á investigación en física nuclear e de partículas. O programa emprega Minipix, detectores avanzados desenvolvidos polo CERN, para identificar partículas cósmicas e radiactivas a través da súa enerxía, carga e traxectoria.
Actividades
- Formación para docentes o 15 de novembro de 2024.
- Cesión dun Minipix durante tres semanas para realizar experimentos nos centros seleccionados.
- Redacción dun artigo científico en inglés para o seu envío a revistas educativas.
- Presentación dos traballos na Semana da Ciencia, emulando un congreso.
Requisitos
- Dirixido a alumnado de 4º ESO e Bacharelato.
- Grupos reducidos de 4 estudantes.
- Coñecementos básicos de inglés.
- Custodia responsable do Minipix.
Participación
Cubrir o formulario dispoñible nesta páxina e xustificar a selección do proxecto. Os participantes contarán con apoio e materiais formativos do IGFAE.
Para máis información, descarga o manual e a guía docente dispoñibles aquí.