Unha proposta única para descubrir o patrimonio dixital europeo desde unha perspectiva medioambiental
¿Cando e cómo? Curso online o xoves 23 de febreiro, de 17 a 19 h.
Europeana é a biblioteca dixital europea. A súa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer. O seu traballo contribúe a unha sociedade aberta, informada e creativa.
Este curso de formación proponche coñecer os recursos de Europeana, como son o seu sitio web, o blog Ensinar con Europeana, o uso das actividades dispoñibles no blog ou a creación das túas propias historias de implementación dunha actividade na túa aula, sempre desde un punto de vista medioambiental.
A proposta é a seguinte:
- Participar na formación online de 2 horas.
- Probar na túa aula unha das actividades que podes atopar na web Ensinar con Europeana (tarefa titorizada).
- Escribir unha historia de como funcionou na túa aula a actividade (tarefa titorizada).
- Ao realizar as diferentes partes da formación poderás obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet. E ademais poderás participar nun concurso europeo cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir ao taller de fin de curso de Europeana.
Programa:
17h- Benvida e presentación
17:10- Coñecendo Europeana
17:45- Probamos as actividades en directo
18:30- Escribimos unha historia da nosa experiencia
Imparte: Patricia Barciela, Directora da Domus e Embaixadora de Europeana.
Inscrición: neste formulario ata o 17 de febreiro.